Antonio Lomba, dende Galicia, enviounos este artigo que explica a utilización de servos de rotación continua con Minibloq e bloques definidos polo usuario:
Os motores servo de rotación continua funcionan ao recibir pulsos eléctricos. Dependendo la duración do sinal activo o servo xirará nun ou noutro sentido, ou permanecerá parado. Para gobernar este tipo de motores é necesario coñecer as súas características de funcionamento.

Os motores servo de rotación continua funcionan ao recibir pulsos eléctricos. Dependendo la duración do sinal activo o servo xirará nun ou noutro sentido, ou permanecerá parado. Para gobernar este tipo de motores é necesario coñecer as súas características de funcionamento.
Para un servo modelo
S35/STDde GWS o fabricante recomenda pulsos de 0,9 ms para conseguir o
xiro no sentido das agullas do reloxo, pulsos de 1,5 ms para bloquear
o motor nunha posición e mantelo parado, e pulsos de 2,1 ms para que
xire no sentido contrario das agullas do reloxo. Tamén se debe
controlar a duración do período, que é o tempo total entre a zona
activa do sinal e a zona inactiva. A duración do período
recomendada para conseguir unha velocidade óptima está entre 16 e
23 ms.
Para conectar o motor
nunha controladora Arduino Uno teremos en conta as cores dos cables
de conexión do motor e farémolo tal como se indica na imaxe. O
cable marrón para GND, o cable vermello a 5V e o cable amarelo para
o pin de control dixital:

Os programas básicos de
control para xiro continuo a dereita e xiro continuo a esquerda,
utilizando o pin de saída dixital D3 para o control, son os que se
mostran a continuación. Hai que facer notar que os tempos que están
programados en Minibloq son en microsegundos. Para elo foi necesario
incorporar un bloque novo ao Minibloq, trátase do bloque
“delayMicroseconds”. O bloque “delay” que trae por defecto
manexa o tempo en milisegundos e con este bloque non era posible
programar a parada do motor con impulsos de 1,5 milisegundos xa que
este bloque non admite números decimais.
O bloque delayMicroseconds é un bloque definido polo usuario, partindo precisamente do bloque delay. Na nova Guía de Desenvolvedores de Minibloq (en inglés) explícase, entre outras cousas, como crear este típo de bloques.
Thanks for sharing..
ReplyDeleterobot kit
Robotics in Education
Educational robotics
Great Article
ReplyDeleteIoT Projects
Python Training in Chennai
Project Center in Chennai
Python Training in Chennai